O vindeiro Martes 22 de Maio de 2018 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2018.
O importe total por neno serán 90€. O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (20€), deberá ser aboado ese día na reunión.
O importe a aboar será por tanto:
- 50€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2014-15, 2015-16, 2016-17 e 2017-18).
- 54€ para os socios con 3 anos de antigüidade (cursos 2015-16, 2016-17 e 2017-18).
- 58€ para os socios con 2 anos de antigüidade (cursos 2016-17 e 2017-18).
- 62€ para os socios con 1 ano de antigüidade (curso 2017-18).
- 70€ para os non socios.
Os que non aboen o campamento nesa data, salvo por causa xustificada, perderán a praza reservada.
E imprescindible a entrega da autorización adxunta asinada por un dos pais do neno/a. Os que asistades á reunión teremos impresos para cubrir alí (necesitaredes a tarxeta sanitaria do neno).
Nesa mesma reunión darémosvos os detalles do campamento e resolveremos calquera dúbida que teñades. Tedes adxunto un resumo das cousas que deben levar os rapaces.
Se alguén non pode asistir á reunión poderá aboar o importe na conta do BBVA ES80-0182-5151-27-0201538379 e entregar asinada a autorización na caixa de correo da ANPA con data límite o martes 22 de maio de 2018, xa que temos que confirmar as prazas co camping.