Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 31 de maio de 2019 ata o domingo 2 de xuño de 2019. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
O número de prazas dispoñibles é de 90. O prezo máximo do campamento será de 100€ (inclúe transporte, aloxamento, comida e actividades). Para os socios da ANPA haberá un desconto sobre ese prezo, que aínda está por determinar (dependente da antigüedade ininterrumpida coma socio). (Para ter a consideración de socio é preciso ter entregado o formulario de inscrición da ANPA e ter feito o pago da cota no prazo establecido)
SOCIOS: Para facer a reserva deberan cubrir o formulario existente en https://forms.gle/3uUbikbEob3qWq976 ata o 30 de abril. Unha vez confirmemos as vosas prazas os indicaremos o modo de facer o pago da reserva..
NON SOCIOS: No caso de que queden prazas dispoñibles abrirase un prazo para os non socios.
Finalmente cubríronse todas as prazas cos socios, polo que non se abrirá inscrición para os non socios
PAGO RESERVA: A cantidade necesaria para a reserva de praza será de 30€, que se descontará da cantidade final a pagar a finais de maio.
A reserva de 30€ farase por transferencia ao número de conta de CaixaBank ES54-2100-4781-1702-0015-6775 indicando no concepto o nome do neno ou nena. Se deberá gardar o orixinal do resgardo da transferencia como xustificante da reserva. En caso de non poder identificar o pago dunha reserva se vos requirirá para que enviedes copia.
REUNIÓN E SEGUNDO PAGO: O martes 21 de maio ás 20:00 horas terá lugar no comedor do centro unha reunión na que vos informaremos de todo o relativo ao campamento e resolveremos as vosas dúbidas. Ademais será o momento de facer o segundo pago. O importe a pagar cada un dependerá da antiguedade como socio. Os comunicaremos uns días antes o importe que corresponde a cada un.
NOTAS: No caso de que a demanda de prazas supere as prazas dispoñibles terán prioridade os socios, e terase en conta a data da reserva. Aos nenos que non fagan o abono, non poderemos garantirlle a praza. Non se devolverá a cantidade adiantada, salvo motivo xustificado. Os nenos e nenas deben ter autonomía suficiente para vestirse/desvestirse, asearse e comer.
A Xunta Directiva