O vindeiro Martes 21 de Maio de 2019 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2019.

O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (30€), deberá ser aboado ese día na reunión.

O importe a aboar será por tanto:

  • 55€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2015-16, 2016-17, 2017-18 e 2018-19).
  • 58€ para os socios con 3 anos de antigüidade (cursos 2016-17, 2017-18 e 2018-19).
  • 61€ para os socios con 2 anos de antigüidade (cursos 2017-18 e 2018-19).
  • 64€ para os socios con 1 ano de antigüidade (curso 2018-19).

Os que non aboen o campamento nesa data, salvo por causa xustificada, perderán a praza reservada.

E imprescindible a entrega da autorización adxunta asinada por un dos pais do neno/a. Os que asistades á reunión teremos impresos para cubrir alí.

Nesa mesma reunión darémosvos os detalles do campamento e resolveremos calquera dúbida que teñades. Tedes adxunto un resumo das cousas que deben levar os rapaces e as principais normas.

Se alguén non pode asistir á reunión poderá aboar o importe na conta de CAIXABANK ES54-2100-4781-1702-0015-6775 e entregar asinada a autorización na caixa de correo da ANPA con data límite o xoves 23 de maio de 2019, xa que temos que confirmar as prazas co camping.

Recordamos que o día da salida os rapaces deberán levar na man a tarxeta sanitaria para entregala ao subir ao autobús. Os que precisen medicación deberán tamén entregala ao subir ao autobús nunha bolsa co seu nome, contendo as menciñas e a receita correspondente.