O vindeiro Martes 30 de Maio de 2023 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2023. Para os que non paguedes por transferencia poderedes facelo alí entre as 19:30 e as 20:00 horas ou ben ao finalizar a xuntanza.

O importe pendente, unha vez descontada a reserva (30€), deberá ser aboado ese día na reunión ou ben por transferencia bancaria na conta de CAIXABANK ES54-2100-4781-1702-0015-6775 como moi tarde o xoves 1 de xuño, poñendo no concepto o nome e apelidos da nena ou neno.

O importe a aboar neste segundo pago será a cantidade indicada no tokapp que se vos enviou coa convocatoria da reunión.

Os que non aboen o campamento nesa data, salvo por causa xustificada, perderán a praza reservada.

E imprescindible a entrega da autorización adxunta asinada por un dos titores do neno/a. Os que asistades á reunión teremos impresos para cubrir alí.
Os que non poidades asistir deberedes enviala por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. como moi tarde o xoves. Deberedes guardala porque deberedes entregar o orixinal o día de saída para o campamento.

Nesa mesma reunión darémosvos os detalles do campamento e resolveremos calquera dúbida que teñades. Tedes adxunto un resumo das cousas que deben levar os rapaces e as principais normas.

Lembrarvos que o día da salida os rapaces deberán levar na man a tarxeta sanitaria para entregala ao subir ao autobús. Os que precisen medicación deberán tamén entregala ao subir ao autobús nunha bolsa co seu nome, contendo as menciñas e a prescripción facultativa correspondente. Tamén se terá que entregar o orixinal da autorización no caso de que se enviase por correo electrónico.