Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Este ano volvemos a repetir no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove. Se queredes ver imaxes do camping: Camping praia paisaxe II.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 27 de maio de 2016 ata o domingo 29 de maio de 2016. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
O número de prazas máximas é de 90. O prezo do campamento será de 90€ (inclúe transporte, aloxamento, comida e actividades). Para os socios da ANPA haberá un desconto sobre ese prezo, que aínda está por determinar. (Para ter dereito a este desconto é preciso ter entregado o formulario de inscrición da ANPA e ter feito o pago da cota no prazo establecido)
Debido a necesidade de reservar as prazas do cámping, é necesario facer un adianto para reservar a praza. A cantidade para a reserva de praza será de 20€, que se descontará da cantidade final a pagar en maio. Esta cantidade deberá aboarse na conta do BBVA:
ES80-0182-5151-27-0201538379 (20€),
indicando o nome e apelidos do neno ou nena no concepto/observacións (non no beneficiario) do ingreso antes do día 31 de marzo de 2016. Deberase entregar na oficina ou na caixa de correo da ANPA o formulario de reserva cuberto e asinado e a fotocopia do resgardo bancario.
Se deberá gardar o resgardo de ingreso como xustificante da reserva. Os que aboen esta cantidade terán a praza asegurada (en caso de que a demanda de prazas supere as prazas dispoñibles terán prioridade os socios, e terase en conta a data do ingreso e a da entrega da reserva). Aos nenos que non fagan o abono, non poderemos garantirlle a praza. Debido a que o camping cobraranos as prazas reservadas aínda que non se ocupen, non se devolverá a cantidade adiantada, salvo motivo xustificado.
A directiva do ANPA