Main menu

O Martes 10 de Maio de 2016 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2016.

O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (20€), deberá ser aboado ese día na reunión. O importe a aboar será:

• 35€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2012-13, 2013-14, 2014-15 e 2015-16).
• 40€ para os socios con 3 anos de antigüidade (cursos 2013-14, 2014-15 e 2015-16).
• 45€ para os socios con 2 anos de antigüidade (cursos 2014-15 e 2015-16).
• 50€ para os socios con 1 ano de antigüidade (curso 2015-16)
• 60€ para os non socios.

Se algún socio non entregou no comezo de curso o formulario de socio e copia do ingreso, deberá aportalos ou pagará como non socio.

Os que non aboen o campamento nesa data, salvo por causa xustificada, perderán a praza reservada.

E imprescindible a entrega da autorización adxunta firmada por un dos pais do neno/a.

Nesa mesma reunión darémosvos os detalles do campamento e resolveremos calquera dúbida que teñades. Tedes adxunto un resumo das cousas que deben levar os rapaces.

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS