Main menu

Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Este ano volvemos a repetir no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove. Se queredes ver imaxes do camping:  http://www.campingplayapaisaxe.com/o_grove.

As datas para a realización do campamento serán dende o venres 26 de maio de 2017 ata o domingo 28 de maio de 2017. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.

O número de prazas dispoñibles é de 90. O prezo máximo do campamento será de 90€ (inclúe transporte, aloxamento, comida e actividades). Para os socios da ANPA haberá un desconto sobre ese prezo, que aínda está por determinar. (Para ter dereito a este desconto é preciso ter entregado o formulario de inscrición da ANPA e ter feito o pago da cota no prazo establecido)

Debido a necesidade de reservar as prazas no cámping, é necesario facer un adianto. A cantidade necesaria para a reserva de praza será de 20€, que se descontará da cantidade final a pagar en maio. Esta cantidade deberá aboarse por transferencia ou ingreso na conta do BBVA:

ES80-0182-5151-27-0201538379     (20€)

indicando o nome e apelidos do neno ou nena no concepto/observacións (non no beneficiario) do ingreso antes do día 31 de marzo de 2017. Deberase entregar na oficina ou na caixa de correo da ANPA o formulario de reserva cuberto e asinado e a fotocopia do resgardo bancario.

Se deberá gardar o orixinal do resgardo de ingreso como xustificante da reserva. Os que aboen esta cantidade terán a praza asegurada (en caso de que a demanda de prazas supere as prazas dispoñibles terán prioridade os socios, e terase en conta a data do ingreso e a da entrega da reserva).  Aos nenos que non fagan o abono, non poderemos garantirlle a praza. Debido a que o camping cobraranos as prazas reservadas aínda que non se ocupen, non se devolverá a cantidade adiantada, salvo motivo xustificado.

A Xunta Directiva

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS