Campamento
- Categoría: Campamento
O vindeiro Luns 19 de Maio de 2014 ás 19:30 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2014.
O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado a reserva (20€),
deberá ser aboado previamente na conta bancaria do BBVA (ES80-0182-5151-27-0201538379) ou ese día na reunión. O importe a aboar será:
- 35€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2010/11, 2011/12, 2012/13 e 2013/14).
- 40€ para os socios con 3 años de antigüidade (cursos 2011/12, 2012/13 e 2013/14).
- 45€ para os socios con 2 años de antigüidade (cursos 2012/13 e 2013/14.
- 50€ para os socios con 1 año de antigüidade (curso 2013/14).
- 60€ para os non socios.
- Categoría: Campamento
O venres 28 finalizou o prazo para a reserva de praza para o campamento 2014 que organiza a ANPA para o fin de semana do 30 de maio ao 2 de xuño do 2014. Por tanto, xa no se aceptan novas reservas. Necesitamos que os que fixéchedes o ingreso entreguedes o formulario de reserva canto antes (se aínda non o fixéchedes).
O número de reservas superou o número de prazas que se ofertaban. Intentaremos acomodar o exceso de nenos e nenas, pero en caso de que non os poidamos acomodar, quedarán fora os últimos en facer o ingreso (intentaremos que non pase).
Por outra banda, os recordamos que para ter dereito ó desconto que se fará do prezo aos socios da ANPA, é necesario ter entregado o formulario de socio e a copia do resguardo do ingreso da cota no banco.
- Categoría: Campamento
Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.