Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.

A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME.

Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2017/18 dos servizos complementarios de comedor e madruga, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Para empezar en setembro a data límite para enviar o formulario é o 04/09/2017.

O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactar no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Modalidades de contratación dos servizos:

  • Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada no formulario, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
  • Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informar antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
  • Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisar o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

A petición de alta, baixa ou modificación do servizo, deberedes comunicala antes do día 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactar co teléfono, fax ou email antes mencionados.