Os presentamos as consideracións feitas polas ANPA que teñen o servizo de comedor xestionado pola FANPA na reunión urxente do día 28/07/2020 para tratar as consecuencias da aplicación das medidas recollidas no protocolo presentado fai uns días pola Consellería de Educación.
Consideramos que ditos servizos non son opcionais, xa que son necesarios para moitas familias que teñen a necesidade de conciliaciar a vida laboral e familiar. Por tanto teñen que producirse unha serie de cambios por parte da Consellería para poder seguir coa organización de ditos servizos.
Ao final da páxina podedes descargar o comunicado orixinal da FANPA e o protocolo publicado pola Consellería de Educación ao que se fai referencia.
Medidas do protocolo que afectan aos servizos:
- Distancia mínima de 1,5 metros entre alumnado (1 metro durante a comida se non están encarados)
- Medidas de desinfección entre quendas, dos aseos, dos espazos utilizados e outras medidas hixiénicas recollidas no protocolo
- En cada centro pode haber diferentes medidas concretas máis restritivas ás contidas no protocolo.
As medidas impostas para ambos servizos fai imposible que FANPA siga prestando ditos servizos polas seguintes razóns:
- Redución do número de usuarios nun 80% respecto aos dos cursos pasados para cumprir as medidas de distanciamento.
- Incrementos moi importantes de custo pola redución de usuarios e a aplicación das medidas recollidas no protocolo, que faría inviable o servizo para a maioría das familias. A falta dun análises minucioso, estímase que como mínimo duplicarase o custe para os usuarios.
- Indefinición do que pasaría no caso de positivo en COVID-19 por parte de alumnado usuario dos servizos. Suponse que terían que gardar corentena de 14 días como mínimo. Ao ser alumnado de moitos cursos, suponse que excepto a aula do positivo, o resto seguirán coas clases presenciais. Que profesorado atenderá telemáticamente a ese alumnado?
- Incoherencia entre as medidas a adoptar nas aulas e nestes servizos.
- Na maioría dos casos falta de flexibilidade do mobiliario actual (mesas grupais) para a aplicación das medidas.
Condicións para o mantemento dos servizos:
- Servizo para o 100% das familias que o precisen.
- Regulación por parte da Consellería de cesión de novos espazos para cubrir a demanda de familias usuarias, sen ter que negociar centro a centro dita cesión.
- Flexibilidade horaria nas saídas de clase dos usuarios do comedor para poder incrementar o número de quendas.
- Que a Consellería asuma os custes extraordinarios producidos mentres o protocolo estea en vigor (Medidas hixiénicas, incremento de persoal necesario para o servizo, ...).
- Diálogo coas familias para a modificación do protocolo