A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2020-2021

Inicio dos servizos

Os servizos de madruga e comedor comezarán o 5 de outubro.

Horarios dos servizos

  • Madruga: de 7:30 a 9:00
  • Comedor: de 14:00 a 16:30

Entrega / recollida

  • Madruga: Entrega dende as 7:30 pola porta pequena (a de sempre) ao lado do aparcamento de profesores, onde está o videoportero.
  • Comedor: Recollida dende as 15:30 (horario continuo) pola porta na esquina do patio cuberto grande (a que se utiliza no cross). Non poderán acceder ao recinto escolar os responsables do alumnado que vaia a recollelos. Deberán agardar a que os monitores lles acheguen os nenos.

Normas dos servizos

Ademáis das normas vixentes doutros anos, temos un anexo específico para as circunstancias especiais deste curso. Ademáis hai que cumprir co especificado nos protocolos da Xunta de Galicia relativos á COVID-19 e protocolo elaborado por FANPA e validado pola Xunta para os seus servizos de madruga e comedor. O centro publicará o protocolo do comedor adaptado as circunstancias do centro

Prezos dos servizos

  Comedor Madruga con almorzo Madruga sen almorzo
5 días / semana 83,55 52,61 37,80
4 días / semana 66,84 42,09 30,24
3 dias / semana 50,13 31,57 22,68
2 días / semana 33,42 21,04 15,12
1 día / semana 16,71 10,52 7,56

 

NOTAS:

  • Este ano non terán que levar cepillo de dentes, xa que que é unha activide que non está permitida.
  • As persoas responsables do alumnado non poderán acceder ao recinto do centro sen autorización previa.
  • Haberá doble turno de comidas para maximizar o espacio interpersoal
  • Cando non estén comendo, o alumnado estará fundamentalmente no patio, por considerarse máis seguro que un espacio pechado, polo que tedes que telo en conta para o vestiario de abrigo do alumnado

Documentos: