A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2021-2022

Inicio dos servizos

Os servizos de madruga e comedor comezarán o 9 de setembro de 2021 e funcionarán ata o 22 de xuño de 2022.

Horarios dos servizos

  • Madruga: de 7:30 a 9:00
  • Comedor: de 14:00 a 16:30

Entrega / recollida

  • Madruga: Entrega dende as 7:30 pola porta pequena (a de sempre) ao lado do aparcamento de profesores, onde está o videoportero.
  • Comedor: Recollida dende as 15:30 (horario continuo) pola porta na esquina do patio cuberto grande (a que se utiliza no cross). Non poderán acceder ao recinto escolar os responsables do alumnado que vaia a recollelos. Deberán agardar a que os monitores lles acheguen os nenos.

Normas dos servizos

Ademáis das normas vixentes doutros anos, temos un anexo específico para as circunstancias especiais deste curso. Tamén hai que cumprir co especificado nos protocolos da Xunta de Galicia relativos á COVID-19 e protocolo elaborado por FANPA e validado pola Xunta para os seus servizos de madruga e comedor. O centro publicará o protocolo do comedor adaptado as circunstancias do centro. A inscrición e utilización dos servizos supoñen a aceptación de ditas normas.

As normas estarán suxeitas a cambios segundo se modifiquen as condicións sanitarias.

Podedes consultar as normas do servizo en: https://bit.ly/normascomedor

Principais novedades para este curso

  • Xa non existen as fichas de inscrición. Agora toda a operativa de altas e baixas farase a través dunha aplicación móvil (ColeChef) dispoñible para Android e IOS nas respectivas tendas de aplicacións.Para darvos de alta deberedes seguir as instruccións dispoñibles na carta de presentación do servizo (dispoñible máis abaixo) e utilizar en caso de alta por primeira vez o código asignado ao centro CEIP VILAVERDE: ESKRL0LD15. Se tedes problemas para acceder deberedes contactar co soporte da aplicación en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
  • Cambia o sistema de cobro. Pásase dun cobro prorrateado (todos os meses iguais) e por adiantado según os días previstos de asistencia, a un cobro por días efectivos de asistencia a mes vencido domiciliado na conta bancaria que indiquedes. É dicir, cobrarase ao comezo do mes seguinte segundo o número de días lectivos que asitise o usuario aos servizos. Por exemplo si un usuario asiste todos os martes e xoves, a principio do mes seguinte cobraráselle a cota diaria por o número de martes e xoves que asistise ao servizo (sempre que as ausencias sexan notificadas tal e como se expoñe no seguinte punto)
  • Poderase notificar a ausencia dun día planificado antes das 15:00 horas do día anterior, e neste caso dito día non se cobrará.

Prezos dos servizos

  Comedor Madruga con almorzo Madruga sen almorzo
Prezo diario 4,59 2,64 1,88
Prezo diario esporádico 6,40 4,05 3,20

Modalidades de contratación

As modalidades de contratación seguirán a ser as mesmas:

  • Fixo: Servizo determinados días da semana fixos durante todo o mes. Débese contratar antes do día 25 do mes anterior.
  • Calendario de días ou turno laboral: Se se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal. Débese contratar antes do día 25 do mes anterior.
  • Esporádico: Se se necesita o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Débese contratar o día anterior antes das 15:00h.

NOTAS:

  • Este ano non terán que levar cepillo de dentes, xa que que é unha activide que non está permitida.
  • As persoas responsables do alumnado non poderán acceder ao recinto do centro sen autorización previa.
  • Poderá haber doble turno de comidas segundo o número de asistentes para maximizar o espacio interpersoal
  • Cando non estén comendo, o alumnado estará fundamentalmente no patio, por considerarse máis seguro que un espacio pechado, polo que tedes que telo en conta para o vestiario de abrigo do alumnado

Documentos: