Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.

Dende este inicio do curso 201617 a empresa SERUNION que desenvolvía o servizo transfórmase nunha nova empresa denominada ARUME, con sede social en Galicia.

ARUME subrógase en todas as obrigas contractuais da antiga SERUNION. No caso dos comedores de Pontevedra que xestiona FANPA, ARUME asume o servizo nas mesmas condicións que viña prestando SERUNION, polo que agás a imaxe de marca, non notaredes ningunha modificación no servizo, nin tampouco no persoal que atendía o servizo ata agora.

Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2016-17 dos servizos complementarios de comedor e madruga, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

Modalidades de contratación dos servizos:

  1. Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
  2. Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
  3. Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.