O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 21 de maio de 2022, a partires das 10:45 da mañá o XXVI CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.
As inscricións poderanse facer polos seguintes medios:
- A través do formulario online dispoñible en https://forms.gle/QF72L1L5dXexcF8E7
- Para alumnos do CEIP Vilaverde, a través dos titores de cada grupo.
- A través dos centros e ANPAs colaboradoras.
- No propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas.
Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria. Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, nacidos no 2009, 2008) e para os pais e nais dos alumnos. A todos os participantes se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de diplomas para todos.
Nesta edición colaboramos co banco de alimentos, e a ANPA fará unha doazón económica segundo o número de participantes. Ademais ese día haberá voluntarios do banco de alimentos e se fará unha recollida de alimentos non perecedoiros entre as familias participantes que o desexen.
Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.
Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro escolar).
O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.
Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba.
Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.
Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.
Categorías, horarios e distancias
As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:
Categoría | Distancia | Hora saída proba | Hora límite concentración | |
---|---|---|---|---|
3º, 4º Primaria | Nenos | 500m | 11:00 | 10:50 |
3º, 4º Primaria | Nenas | 500m | 11:05 | 10:50 |
5º, 6º Primaria | Nenos | 700m | 11:10 | 10:50 |
5º, 6º Primaria | Nenas | 700m | 11:15 | 10:50 |
1º, 2º ESO | Nacidos no 2009 e 2008 | 700m | 11:20 | 10:50 |
1º, 2º Primaria | Nenos | 250m | 11:30 | 11:20 |
1º, 2º Primaria | Nenas | 250m | 11:35 | 11:20 |
4º Ed. Infantil | 3-4 anos | 150m | 11:50 | 11:45 |
5º Ed. Infantil | 4-5 anos | 150m | 12:00 | 11:55 |
6º Ed. Infantil | 5-6 anos | 150m | 12:10 | 12:05 |
Pais e avós | 250m | 12:20 | 12:15 | |
Nais e avoas | 250m | 12:30 | 12:25 |
Normas
Plano do circuito
Organiza
A directiva da ANPA "Os Valados"
O equipo directivo e profesorado do CEIP Vilaverde - Mourente