Main menu

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 07 de maio, a partir das 10:30 da mañá o XXII CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición é a través dos centros e ANPA colaboradores, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos acercarnos aos 500 escolares inscritos.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre-benxamín (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín ( 5º e 6º de primaria). A todos os nenos se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.
Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.

Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro escolar).

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.

Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas durante as probas de alevín.

Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.

Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.

As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:

CategoríaDistanciaHora
Pre Benxamín Nenos 1º, 2º Primaria 250m 10:30
Pre Benxamín Nenas 1º, 2º Primaria 250m 10:40
Ed. Infantil 3 anos   150m 10:50
Ed. Infantil 4 anos   150m 11:00
Ed. Infantil 5 anos   150m 11:10
Benxamín Nenos 3º, 4º Primaria 700m 11:20
Benxamín Nenas 3º, 4º Primaria 700m 11:30
Alevín Nenos 5º, 6º Primaria 1500m 11:45
Alevín Nenas 5º, 6º Primaria 1200m 12:00
Infantil 1º, 2º ESO 700m 12:10
Pais e avós   250m 12:30
Nais e avoas   250m 12:40

2013-2014 Cross - Mapa salidas

A directiva da ANPA "Os Valados"

O equipo directivo e profesorado do CEIP Vilaverde - Mourente

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS