O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 06 de maio de 2017, a partires das 10:30 da mañá o XXIII CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición é a través dos centros e ANPA colaboradores, no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos acercarnos aos 500 escolares inscritos.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre-benxamín (1º e 2º de primaria), benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín ( 5º e 6º de primaria). A todos os nenos se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.
Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.

Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro escolar).

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.

Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas durante as probas de alevín.

Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.

Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.

As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:

CategoríaDistanciaHora
Pre Benxamín Nenos 1º, 2º Primaria 250m 10:30
Pre Benxamín Nenas 1º, 2º Primaria 250m 10:40
Ed. Infantil 3 anos 4º Ed. infantil 150m 10:50
Ed. Infantil 4 anos 5º Ed. infantil 150m 11:00
Ed. Infantil 5 anos 6º Ed. infantil 150m 11:10
Benxamín Nenos 3º, 4º Primaria 700m 11:20
Benxamín Nenas 3º, 4º Primaria 700m 11:30
Alevín Nenos 5º, 6º Primaria 1200m 11:45
Alevín Nenas 5º, 6º Primaria 1200m 12:00
Infantil 1º, 2º ESO 1500m 12:15
Pais e avós   250m 12:30
Nais e avoas   250m 12:40

A directiva da ANPA "Os Valados"
O equipo directivo e profesorado do CEIP Vilaverde - Mourente

2016 2017 cross cartel colaboradores