Este sábado 14 de xuño teremos a festa de fin de curso.

Dende as 11 da mañá teremos as actuacións das diferentes actividades extraescolares e as organizadas polas clases.

Despois teremos a comida coma sempre, con venda de churrasco de porco, picantóns, polbo, chourizos, pizza e empanada. Os postres os porán os nenos de 5º para recaudar cartos para a excursión do ano que ven.

Para os nenos que se queden a comer faremos un sorteo de diferentes agasallos. Xa pola tarde teremos inchables para todas as idades. Recordamos aos nenos que levando a invitación da festa de fin de curso que vos entregaron en clase, recibiredes un xeado para refrescaros un pouco (parece que o sábado vai facer calor)

Esperamos contar coa vosa presenza.