O vindeiro sábado 18 de xuño teremos a festa de fin de curso organizada pola ANPA coa colaboración do profesorado do centro.
Dende as 10:30 da mañá teremos as actuacións das diferentes actividades extraescolares e as organizadas polas clases.
Despois teremos a comida coma sempre, a partires das 13:30, con venda de churrasco de porco, picantóns, polbo, chourizos, pizza e empanada. A venda da comida, bebida, café e xeados por parte da ANPA servirá para sufragar parte dos gastos da organización da festa. Os postres os porán os nenos de 5º para recaudar cartos para a excursión do ano que ven.
Para os nenos que se queden a comer faremos un sorteo de diferentes agasallos.
Xa pola tarde teremos as 16:00 a actuación do Mago Paco e a partires das 17:00 inchables para todas as idades.Tamén haberá un torneo de fútbol 3x3 para os alumnos/as de primaria, que terán ata o xoves ás 16:00 horas para anotarse, levando a ficha do equipo ao buzón da ANPA
Recordamos aos nenos que levando o vale adxunta á circular da festa de fin de curso que vos entregaron en clase, recibiredes un xeado para refrescaros un pouco.
Durante a festa estarán abertos os baños do ximnasio, recordando a todos os asistentes que intenten mantelos limpos.
Esperamos contar coa vosa presenza.