Este Nadal a FANPA organiza dous obradoiros:
Tamén organiza as lucotecas "LudoNadal 2014"
Este Nadal só tes que traer as túas mans, coas que farás adornos para decorar a túa árbore, motivos de Nadal e outras personaxes máis para o voso Belén...
Crea cunha app historias propias usando fondos,audios, personaxes, etc e esperta a túa creatividade, a imaxinación, a curiosidade.. desde as novas tecnoloxías. os contos creados enviaranse ao teu correo electrónico para logo imprimir, pero tamén poderás subilos a Youtube para velos na casa, no móbil, etc.
É un programa educativo e de lecer que organiza a Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2, 5, 7 de xaneiro