O pasado vernes o xefe territorial de educación, o delegado da Xunta en Pontevedra e un técnico visitaron p centro para dar detalles á dirección das obras de mellora de eficiencia enerxética que se realizarán no centro. En dita reunión estuvo tamén representada a ANPA.
Ler máis...Mañá mércores 26 de outubro de 2016 está convocada unha folga educativa e baleirado de aulas por parte dos sindicatos de alumnos e as ANPA de centros públicos a nivel de todo o estado. Está apoiada por CEAPA (estatal), CONFAPA (Galicia), FANPA (provincial) e a nosa ANPA. E unha xornada de folga contra as reválidas da LOMCE e os recortes en educación.
Ler máis...Recentemente fixemos unha reclamación ao Concello sobre os sinais aparecidos fai unhas poucas semanas na rúa que está enfrente do centro e que prohibe o aceso a non residentes (en ambos extremos da rúa).
Ler máis...Como sabedes, durante as actividades extraescolares, igual que durante as horas lectivas, os nenos non dispoñen de seguro de accidentes, xa que o único que obriga a lei, é a dispoñer de un seguro de responsabilidade civil que cubre as posibles neglixencias. Os nenos están cubertos, no que atañe á asistencia médica pola asistencia sanitaria que ten para calquera tipo de enfermidade (mutua, seguridade social, etc).
Ofrecemos a posibilidade de contratar un seguro de accidentes, por un importe de 7€ anuales por neno/a, que cubre algúns aspectos que poden ser interesantes para algúns de vos. Para poder contratar este seguro, é imprencindible ser socio da ANPA ou estar apuntado nalgunha das actividades extraescolares organizadas pola ANPA.
A FANPA organiza unha reunión informativa sobre as avaliacións de 3º e 6º de primaria recollidas na LOMCE.
A reunión terá lugar mañá xoves 5 de maio de 2016 ás 20:00 horas no auditorio do IES Sánchez Cantón.