Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Este ano volvemos a repetir no camping PRAIA PAISAXE en San Vicente de O Grove. Se queredes ver imaxes do camping: http://www.campingplayapaisaxe.com/paisaxeII.

Os monitores no campamento serán os mesmos cos que viñamos contando o ano pasado e en anos anteriores nos campamentos organizados no albergue de Gandarío. (Falkatruadas).

As datas para a realización do campamento serán dende o mércores 15 de maio de 2013 ata o venres 17 de maio de 2013, aproveitando que o día 16 é non lectivo no colexio. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o venres a partires das 18 horas.
O número de prazas máximas é de 90. O prezo do campamento será de 80 €. Para os socios da ANPA o prezo será de 60€.
Debido a necesidade de reservar as prazas necesarias, este ano para os pais interesados en que os seus fillos asistan ao campamento é necesario facer un adianto para reservar a praza. A cantidade necesaria para a reserva de praza será de 20€, que se descontará da cantidade final a pagar en maio. Esta cantidade deberá aboarse na conta de BBVA:

0182-5151-27-0201538379 (20€)

indicando o nome e apelidos do neno ou nena no concepto (non no beneficiario) do ingreso antes do día 19 de abril de 2013. Deberase entregar na oficina ou na caixa de correo da ANPA fotocopia do resgardo.

Se deberá gardar o resgardo de ingreso como xustificante da reserva. Os que aboen esta cantidade terán a praza asegurada. En caso de que a demanda de prazas supere as 90 a selección farase por data do ingreso. Aos nenos que non fagan o abono, non poderemos garantirlle a praza. Debido a que o camping cobraranos as prazas reservadas aínda que non se ocupen, non se devolverá a cantidade adiantada, salvo motivo xustificado.