Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o martes 3 de novembro de 2020, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria. Debido as restriccións sanitarias debido á COVID-19, levarase a cabo por medios telemáticos (videoconferencia). O día anterior os socios recibirán as instruccións e contrasinal por tokapp e correo electrónico para poder unirse á Asemblea.
Todas aquelas persoas socias que queiran presentarse para a elección de membros da nova Xunta Directiva, deberán comunicalo no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes das 19:30 horas do 3 de novembro de 2020
Esperamos contar coa vosa asistencia.
Pontevedra 16 de outubro de 2020