Main menu

O calendario escolar de Galicia para o curso 2019/20 foi aprobado pola Orde do do 20 de xuño de 2019 publicada no DOG 122 de 28 de xuño de 2019.

As clases do curso escolar 2019/20 en segundo ciclo de infantil e en educación primaria, principiarán o día 11 de setembro de 2019 e rematarán o 19 de xuño de 2020.

Os periodos de vacacións serán:

  • Nadal: dende o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
  • Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
  • Semana Santa: dende o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

Os días elexidos polo centro para compensar os festivos locais son:

  • 20 de marzo
  • 4 de maio

2019/2020 calendario escolar

2019/2020 calendario escolar 2

FacebookTwitterRSS