Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

Consideracións da FANPA sobre o servizo de madruga e comedor tendo en conta as medidas recollidas no protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 para o curso 2020/21

Os presentamos as consideracións feitas polas ANPA que teñen o servizo de comedor xestionado pola FANPA na reunión urxente do día 28/07/2020 para tratar as consecuencias da aplicación das medidas recollidas no protocolo presentado fai uns días pola Consellería de Educación.

Consideramos que ditos servizos non son opcionais, xa que son necesarios para moitas familias que teñen a necesidade de conciliaciar a vida laboral e familiar. Por tanto teñen que producirse unha serie de cambios por parte da Consellería para poder seguir coa organización de ditos servizos.

Ler máis...

Actividades para socios no Suh Sport 2019-2020

ACTUALIZACIÓN: A partires de decembro de 2019 o ximnasio pechou as súas instalacións. A actividade de taekwondo séguese impartindo a través do club de taekwondo.

A continuación vos presentamos as condicións especiais que ofrece o ximnasio Suh Sport para as familias socias do ANPA.

Ler máis...

Actividades extraescolares 2019-2020

Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2019-20 e  e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA (Suh Sport, FANPA, Budo, Rías do Sur). Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.

Ler máis...

Comedor - madruga 2019/2020

Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2019-2010. Tedes a comunicación de ARUME e o detalle dos prezos nun descargable ao final.

A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME. Este curso produciuse unha actualización dos prezos dos servizos polo incremento do IPC e custos laborais e un par de melloras que se incluíron no contrato. O importe dos prezos é sin a posible subvención do Concello, xa que aínda non se asinou o novo convenio que o recolla. Unha vez haxa novo convenio e se coñeza o seu importe, actualizarase o importe e os prezos cambiarán á baixa.

Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2019/20 dos servizos complementarios de comedor e madruga, a vía preferente é a través da aplicación móvil ou da plataforma web.

Ler máis...

Convocatoria xuntanza campamento 2019

O vindeiro Martes 21 de Maio de 2019 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2019.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS