Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

Reserva de praza para o campamento 2018

Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento lúdico para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.

As datas para a realización do campamento serán dende o venres 1 de xuño de 2018 ata o domingo 3 de xuño de 2018. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.

Ler máis...

Comezo das actividades extraescolares 2017-2018

As actividades extraescolares comezarán, como estaba previsto o vindeiro luns, 2 de outubro.

A actividade que NON se levará a cabo será a de Percusión polo baixo número de apuntados. Comunicaremos esta circunstancia persoalmente ás familias.

As actividades que sufriron modificación son:

Ler máis...
Servizo de Deportes de Pontevedra

E.D.M. de Mourente "ANPA Os Valados" 2017-2018

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

É unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, subvencionada polo IMD (Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra), e o número de prazas dispoñibles é limitado.

Ler máis...

En ruta coa DEPO 2017: Illa de San Simón e castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra concedeunos unha ruta dentro do seu programa "En ruta coa DEPO" coas seguintes características:

Data: domingo 17 de setembro de 2017

Horario e lugar de saída: O CEIP Vilaverde sobre as 09:15 e outra parada na zona de Xoan Carlos I por determinar.

Volta: chegarase ao punto de partida sobre as 19:00 horas

Ruta:

  • Museo Meirande
  • Visita á illa de San Simón
  • Almorzo
  • Redondela
  • Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio
Ler máis...

Comedor - madruga 2017/2018

Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.

A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS