Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

Comedor - madruga 2016-2017

Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.

Dende este inicio do curso 201617 a empresa SERUNION que desenvolvía o servizo transfórmase nunha nova empresa denominada ARUME, con sede social en Galicia.

Ler máis...

Reserva de praza para o campamento 2016

Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Este ano volvemos a repetir no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove. Se queredes ver imaxes do camping: Camping praia paisaxe II.

Ler máis...

Conta comigo 2016

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Ler máis...

Playing english 2015-2016

Trátase de clases de lingua inglesa oral para nenos de infantil e primaria. Son dúas horas á semana e impartense nos centros de:

  • Campolongo
  • Froebel
  • Álvarez Limeses
  • Vilaverde

No Vilaverde serán os Martes e Xoves (existe un erro nos dípticos enviados)

Ler máis...

E.D.M. de Mourente "ANPA Os Valados"

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

Unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, cunha duración de dúas horas semanais co seguinte horario:

  • Nenos de infantil e 1º e 2º de primaria: Luns e xoves de 16:00 a 17:00
  • Nenos de 3º a 6º de primaria: Luns e xoves de 17:00 a 18:00
  • Nenos de primaria os xoves de 16:00 a 18:00 (esgrima)

Ao estar subvencionado polo IMD, o prezo máximo por actividade será de entre 40€ e 70€ todo o curso. Pagarase 20€ no primeiro trimestre, 20€ no segundo trimestre. O prezo do terceiro trimestre estará entre 0 e 30€, segundo o custe real que teña a actividade.

As actividades a desenvolver serán introdución á práctica deportiva (multideportes), futbito e esgrima.

Se necesitades máis información non dubidedes en chamar ou pasarvos pola oficina da ANPA.

FacebookTwitterRSS