Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2019-2010. Tedes a comunicación de ARUME e o detalle dos prezos nun descargable ao final.
A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME. Este curso produciuse unha actualización dos prezos dos servizos polo incremento do IPC e custos laborais e un par de melloras que se incluíron no contrato. O importe dos prezos é sin a posible subvención do Concello, xa que aínda non se asinou o novo convenio que o recolla. Unha vez haxa novo convenio e se coñeza o seu importe, actualizarase o importe e os prezos cambiarán á baixa.
Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2019/20 dos servizos complementarios de comedor e madruga, a vía preferente é a través da aplicación móvil ou da plataforma web.
Ler máis...O vindeiro Martes 21 de Maio de 2019 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2019.
Ler máis...O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 25 de maio de 2019, a partires das 10:30 da mañá o XXV CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.
Ler máis...Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 31 de maio de 2019 ata o domingo 2 de xuño de 2019. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
Ler máis...As actividades extraescolares este curso poderanse aboar ou ben mediante domiciliación bancaria dos recibos cubrindo o formulario dispoñible nesta páxina ou ben mediante transferencia bancaria dende a vosa conta á conta da ANPA.
Ler máis...