Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

E.D.M. de Mourente "ANPA Os Valados"

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

Unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, cunha duración de dúas horas semanais co seguinte horario:

  • Nenos de infantil e 1º e 2º de primaria: Luns e xoves de 16:00 a 17:00
  • Nenos de 3º a 6º de primaria: Luns e xoves de 17:00 a 18:00
  • Nenos de primaria os xoves de 16:00 a 18:00 (esgrima)

Ao estar subvencionado polo IMD, o prezo máximo por actividade será de entre 40€ e 70€ todo o curso. Pagarase 20€ no primeiro trimestre, 20€ no segundo trimestre. O prezo do terceiro trimestre estará entre 0 e 30€, segundo o custe real que teña a actividade.

As actividades a desenvolver serán introdución á práctica deportiva (multideportes), futbito e esgrima.

Se necesitades máis información non dubidedes en chamar ou pasarvos pola oficina da ANPA.

Comedor - madruga 2015-2016

Información sobre o servizo de comedor e madruga para o curso 2015-2016. Inclúese o formulario de inscrición.

Grupos do campamento 2015

Aquí están as imaxes de grupo dos integrantes dos diferentes bungalows do campamento 2015 e tamén todos xuntos.

Ler máis...

Terceiro día do campamento 2015

Hoxe despois do almorzo fixemos un xogo no camping no que unhas bruxas nos querían coller para facer un conxuro para revivir aos seus ancestros e despois fixemos un concurso chamado "FAN FAN".

Ler máis...

Segundo día do campamento 2015

Hoxe, despois de levantarnos, almorzamos. Unha vez lavados os dentes, e facer un pouco de ximnasia para estirar os músculos, fixemos un xogo chamado as 30 probas de Asterix. Logo fixemos un xogo donde todos acabamos un pouco embarrados.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS