Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2022-23 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas pola empresa organizadora ata o 20 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información.
A continuación tedes o documento con toda a información sobre as actividades extraescolares
Para as actividades de baloncesto e multideporte a xestión da inscrición faina a ANPA directamente a través do formulario correspondente á Escola Deportiva Municipal de Mourente
Para o resto de actividades tedes que enviar o formulario correspondente á empresa EDUCAOCIO ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Estado:
Custe de matrícula nas actividades extraescolares:
Actividade | Estado | Cursos | Día | Horario | Horas semanais | Prezo socios da ANPA |
---|---|---|---|---|---|---|
Ballet | Pendente mínimo | Ed. infantil e primaria | Luns | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Baloncesto* | Pendente mínimo | Primaria | Mártes e / ou Xoves |
17:15 – 18:15 (mártes) e / ou 16:15 – 17:15 (xoves) |
1 ou 2 | 7€ / mes (1 hora/sem) 10€ / mes (2 horas/sem) |
Música en movemento | Pendente mínimo | Ed. infantil | Mércores | 16:00 – 17:00 | 1 | 16€ / mes |
Patinaxe | Pendente mínimo | Primaria | Mércores | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Informática | Pendente mínimo | Primaria | Xoves | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Multideporte* | Pendente mínimo | Ed. infantil | Venres | 16:00 – 17:00 |
1 | 10€ / mes |
Pintura (inclúe material) | Pendente mínimo | Primaria | Venres | 16:00 – 17:30 | 1,5 | 21€ / mes |
Natación campolongo* | Consultar información aquí | 0,75 | 30€ / cuatrimestre |
* Actividades para as que se pediu subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”
Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte