Como sabedes, fai uns días envíamos unha circular, ofreciendo a posibilidade para os pais de contratar un seguro de accidentes para os nenos, que os cubriría en calquera actividade organizada polo centro ou pola ANPA.
Dado que o interese superou o número mínimo de nenos/as necesarios, durante a semana do 6 ao 10 de outubro deberá aboarse os 7€ por alumno/a.
Pódese facer o pago na conta do BBVA 0182-5151-20-0201538386 ou na oficina da ANPA o luns, martes, xoves e venres de 16:00 a 18:00 (neste caso intentade traer o importe xusto).
O que non enviou o impreso, pode facelo todavía esta semana. Tedes o impreso ao final deste artículo. A continuación os resumo as características do seguro:
Están cubertos todos os accidentes que teñen que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extracurriculares. Quedan excluídos só os accidentes da vida privada das/os alumnas/os.
A prima anual para as/os alumnas/os é de 7 €. A compañía aseguradora sería ALLIANZ.
Detalle da cobertura:
- Asistencia sanitaria en centros concertados ILIMITADA
- Morte por accidente 6.000 €
- Invalidez permanente parcial por accidente 6.000 €
- Morte por infarto de miocardio 6.000 €
- Gastos de enterro 1.500 €
- Gastos para a repatriación da morte no estranxeiro 3.000 €
- Gastos para a odontoloxía por accidente 1.200 €
- Rotura de lentes por accidente, con franquía de 75 € 150 €
- Asistencia en viaxe INCLUÍDA
Pensando na maior comodidade para a ANPA e o Colexio, o axente de seguro concertaría a asistencia sanitaria co centro médico que polas súas características e a súa proximidade poida dar un mellor servizo.