Como sabedes, fai uns días envíamos unha circular, ofreciendo a posibilidade para os pais de contratar un seguro de accidentes para os nenos, que os cubriría en calquera actividade organizada polo centro ou pola ANPA.

Dado que o interese superou o número mínimo de nenos/as necesarios, antes do  13 de outubro deberá aboarse os 7€ por alumno/a.

Pódese facer o pago na conta do BBVA 0182-5151-20-0201538386 ou na oficina da ANPA o luns, martes, xoves e venres de 16:00 a 18:00 (neste caso intentade traer o importe xusto).

O que non enviou o impreso, pode facelo todavía esta semana. Tedes o impreso ao final deste artículo. A continuación os resumo as características do seguro:

Están cubertos todos os accidentes que teñen que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extracurriculares. Quedan excluídos só os accidentes da vida privada das/os alumnas/os.

A prima anual para as/os alumnas/os é de 7 €. A compañía aseguradora sería ALLIANZ.

Detalle da cobertura:

  • Asistencia sanitaria en centros concertados ILIMITADA
  • Morte por accidente 6.000 €
  • Invalidez permanente parcial por accidente 6.000 €
  • Morte por infarto de miocardio 6.000 €
  • Gastos de enterro 1.500 €
  • Gastos para a repatriación da morte no estranxeiro 3.000 €
  • Gastos para a odontoloxía por accidente 1.200 €
  • Rotura de lentes por accidente, con franquía de 75 € 150 €
  • Asistencia en viaxe INCLUÍDA

Pensando na maior comodidade para a ANPA e o Colexio, o axente de seguro concertaría a asistencia sanitaria co centro médico que polas súas características e a súa proximidade poida dar un mellor servizo.