Mañá mércores 26 de outubro de 2016 está convocada unha folga educativa e baleirado de aulas por parte dos sindicatos de alumnos e as ANPA de centros públicos a nivel de todo o estado. Está apoiada por CEAPA (estatal), CONFAPA (Galicia), FANPA (provincial) e a nosa ANPA. E unha xornada de folga contra as reválidas da LOMCE e os recortes en educación.
A convocatoria é conxunta cos nosos fillos e fillas, alumnado que está ameazado coas reválidas e que soporta a cotío nos seus centros educativos a implantación da LOMCE e os recortes impostos, atacando así o seu dereito á educación. Non esperedes a que lle toque a os vosos fillos!
As nais e pais non queremos, nin debemos, quedarnos de brazos cruzados pensando que outros encargaranse de que as probas non se realicen, porque seguramente terminarannos pedindo desculpas por non poder facer outra cousa que realizalas, aunque recalcando que "fixeron todo o que puideron para evitalo, pero que non teñen competencias para eliminalas"
Defendamos os dereitos dos nosos fillos e fillas, sobre todo se eles non poden facelo agora por mor da súa idade. Do contrario, preparad unha boa resposta cando os diga, e ti que facías mentres?
Hai convocada unha concentración mañá mercores 26 ás 18:00 horas na Praza da Peregrina. Esperamos contar con boa parte de vos.
10 PORQUÉS OU RAZÓNS PARA QUE NAIS E PAIS FAGAMOS FOLGA CONTRA AS REVÁLIDAS BALEIRANDO AS AULAS O 26 DE OUTUBRO (CEAPA-CONFAPA)
- Son un modelo pedagóxico arcaico. As reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico baseado nunha sucesión continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir á maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas unha nefasta práctica que impedía a permanencia na educación da maioría do alumnado.
- Os nosos fillos e fillas poden ficar fóra do sistema educativo. As reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do alumnado, aínda que teña todos os ensinos superados, quede fose do sistema educativo. Sen títulos aos que teñen dereito, o seu futuro académico e laboral verase gravemente afectado.
- Deslexitiman ao docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e o cuestionamiento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en cuestión ata que un exame externo corrobore, si é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiáis da educación.
- Son realizadas por persoas alleas aos nosos fillos e fillas. As reválidas serán realizadas por persoas que non coñecen en absoluto ao alumnado que avaliarán, xerando ademais un estrés innecesario a quenes se sometan ás probas porque se xogarán todo con elas. Quen as realicen non poderán saber nin valorar o seu progreso educativo, o esforzo de moitos anos de estudo, as circunstancias persoais que lles fan especiais en moitas facetas da súa vida que non serán avaliadas en absoluto,..., e malia iso, a nota que saquen determinará o seu futuro. Estas probas poden tirar ao lixo o traballo dun mínimo de 13 anos para o título da ESO e de 15 para o de Bacharelato.
- Negáselle unha titulación aos nosos estudantes. As reválidas son un método de negación da titulación que non existe ao finalizar a Educación Secundaria Obligatoria en ningún país da nosa contorna do que tomar bo exemplo. Nestes países tampouco ao finalizar o Bacharelato négase o título, a quen superen todos os seus estudos, nin o acceso a estudos superiores.
- Frenan o acceso ao Bacharelato e a Universidade. As reválidas só teñen un obxectivo, impedir que acceda ao Bacharelato e logo á Universidade en unha porcentaxe tan alta como na actualidade. Forma parte do recorte do dereito á educación pública e do ataque ao noso precario Estado do Benestar.
- Están cuestionadas por toda a Comunidade Educativa. As reválidas foron cuestionadas seriamente por todos os sectores da Comunidade Educativa, así como por moitos gobernos autonómicos, agás o galego e outros tres, e a inmensa maioría dos responsables políticos. Só quenes forman parte do Goberno actual, e o partido que o sustenta, insisten en impoñer antidemocráticamente estas probas externas.
- Buscan un negocio para uns poucos. As reválidas permitirán un suculento novo negocio para empresas que se queiran dedicar a presentarse a concursos para que lles encarguen a súa realización. É só un mero negocio para uns poucos a costa do sufrimento dunha parte importante da sociedade.
- Son precarias e sen tempo de preparación. As reválidas, ademais, nin tan sequera foron desenvolvidas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle examinará, nin para que o profesorado saiba como axudarlle. Son unha auténtica chapuza lexislativa que xera indefensión e inseguridade xurídica ao alumnado.
- Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos. As reválidas póñennos ante unha disyuntiva: ou defendemos os dereitos dos nosos fillos e fillas, ou poida que teñamos que pedirlles desculpas toda a vida por non habelo feito. Asegúrate de ter unha boa resposta si algún día che dín: que fixeches ti para evitalo?
OU CONSEGUIMOS A SÚA DERROGACIÓN, OU CANDO CHEGUE A DATA FARANSE.
O 26 DE OUTUBRO FAGAMOS FOLGA BALEIRANDO AS AULAS POLO FUTURO DAS NOSAS FILLAS E FILLOS.
- NON AS REVÁLIDAS
- DERROGACIÓN DA LOMCE
- REVERSIÓN DOS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO.