Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.
A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME.
Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2017/18 dos servizos complementarios de comedor e madruga, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para empezar en setembro a data límite para enviar o formulario é o 04/09/2017.
O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactar no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Modalidades de contratación dos servizos:
A petición de alta, baixa ou modificación do servizo, deberedes comunicala antes do día 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactar co teléfono, fax ou email antes mencionados.