Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2018-2019. Tedes o formulario de solicitude e o detalle dos prezos nun descargable ao final.
A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME. Este curso produciuse unha actualización dos prezos dos servizos despois de varios anos sen variación.
Por unha parte produciuse un incremento no prezo debido á actualización do IPC recollida no contrato. Por outra parte, produciuse unha disminución da cantidade subencionada por servizo mediante o convenio da FANPA co Concello xa que mentres o importe do convenio co Concello ficou prácticamente constante nos últimos anos, o número de servizos de comedor e madruga non fixo máis que medrar, disminuíndo o importe dispoñible para as outras actividades: conta comigo, obradoiros, TDAH, vivencias, etc. Ademáis o madruga tiña unha subvención maior que o comedor polo que o seu importe reduciuse máis.
Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2017/18 dos servizos complementarios de comedor e madruga, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para empezar en setembro a data límite para enviar o formulario é o 31/08/2018.
O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactar no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Modalidades de contratación dos servizos:
A petición de alta, baixa ou modificación do servizo, deberedes comunicala antes do día 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactar co teléfono, fax ou email antes mencionados.