Main menu

A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2022-2023

Inicio dos servizos

Os servizos de madruga e comedor comezarán o 8 de setembro de 2022 e funcionarán ata o 21 de xuño de 2023.

Horarios dos servizos

  • Madruga: de 7:30 a 9:00
  • Comedor: de 14:00 a 16:30

Entrega / recollida

  • Madruga: Entrega dende as 7:30 pola porta pequena (a de sempre) ao lado do aparcamento de profesores, onde está o videoportero.
  • Comedor: Recollida dende as 15:30 ata as 15:45, ou entre as 16:10 e as 16:30 pola porta na esquina do patio cuberto grande. Non poderán acceder ao recinto escolar os responsables do alumnado que vaia a recollelos. Deberán agardar a que os monitores lles acheguen os nenos. Pode haber cambios na forma ou lugar de entrega de alumnado.

Normas dos servizos

A inscrición e utilización dos servizos supoñen a aceptación das normas do servizo de madruga e comedor dispoñibles na páxina web da FANPA

Principais novedades dende o curso pasado

  • Xa non existen as fichas de inscrición. Agora toda a operativa de altas e baixas farase a través dunha aplicación móvil (ColeChef) dispoñible para Android e IOS nas respectivas tendas de aplicacións.Para darvos de alta deberedes seguir as instruccións dispoñibles na carta de presentación do servizo (dispoñible máis abaixo, aínda que os prezos que aparecen na carta son os do curso pasado) e utilizar en caso de alta por primeira vez o código asignado ao centro CEIP VILAVERDE: ESKRL0LD15. Se tedes problemas para acceder deberedes contactar co soporte da aplicación en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • Cambia o sistema de cobro. Pásase dun cobro prorrateado (todos os meses iguais) e por adiantado según os días previstos de asistencia, a un cobro por días efectivos de asistencia a mes vencido domiciliado na conta bancaria que indiquedes. É dicir, cobrarase ao comezo do mes seguinte segundo o número de días lectivos que asitise o usuario aos servizos. Por exemplo si un usuario asiste todos os martes e xoves, a principio do mes seguinte cobraráselle a cota diaria por o número de martes e xoves que asistise ao servizo (sempre que as ausencias sexan notificadas tal e como se expoñe no seguinte punto)
  • Poderase notificar a ausencia dun día planificado antes das 15:00 horas do día lectivo anterior, e neste caso dito día non se cobrará.

Prezos dos servizos

  Comedor Madruga con almorzo Madruga sen almorzo
Prezo diario 5,08 2,95 2,14
Prezo diario esporádico 7,09 4,49 3,54

Mantense os descontos vixentes ata agora: 5% de desconto ao segundo irmán, e en caso de 3 irmáns no comedor, 10%.

Modalidades de contratación

As modalidades de contratación seguirán a ser as mesmas:

  • Fixo: Servizo determinados días da semana fixos durante todo o mes. Débese contratar antes do día 25 do mes anterior. Como caso particular para o comezo en setembro debe facerse a contratación antes do día 2 de setembro
  • Calendario de días ou turno laboral: Se se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal. Débese contratar antes do día 25 do mes anterior.Como caso particular para o comezo en setembro debe facerse a contratación antes do día 2 de setembro
  • Esporádico: Se se necesita o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Débese contratar o día anterior antes das 15:00h.

NOTAS SOBRE O PROCOLO:

  • Este ano terán que levar pasta e cepillo de dentes, xa que volve a estar permitido.
  • As persoas responsables do alumnado non poderán acceder ao recinto do centro sen autorización previa.
  • Poderá haber doble turno de comidas segundo o número de asistentes.

Documentos:

FacebookTwitterRSS