Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.
Dende este inicio do curso 201617 a empresa SERUNION que desenvolvía o servizo transfórmase nunha nova empresa denominada ARUME, con sede social en Galicia.
ARUME subrógase en todas as obrigas contractuais da antiga SERUNION. No caso dos comedores de Pontevedra que xestiona FANPA, ARUME asume o servizo nas mesmas condicións que viña prestando SERUNION, polo que agás a imaxe de marca, non notaredes ningunha modificación no servizo, nin tampouco no persoal que atendía o servizo ata agora.
Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2016-17 dos servizos complementarios de comedor e madruga, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.
Modalidades de contratación dos servizos: