Main menu

Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2019-2020. O prazo remata o día 31 de outubro (improrrogable)

Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia antes do 31 de Outubro de cada curso escolar e remitir físicamente o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores se non se presentou no curso 2018/2019 ou posteriores. Se se produciron cambios nos datos (datos de contacto, nenos/as escolarizados no centro, forma de pago, ...) ou ben non se foi socio no curso anterior deberase entregar un formulario novo totalmente cuberto e asinas por todos os titores. No caso de estar a oficina da ANPA pechada podedes deixalo no buzón.

O pago do importe da cota deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:

  • Transferencia bancaria á conta ES54-2100-4781-1702-0015-6775 indicando no concepto da transferencia o nome e apelidos dos nenos ou nenas. A data límite de pagamento é o 31 de outubro de cada curso escolar. Unha vez verificado o pago, mandaremos unha mensaxe confirmandoo. Deberedes gardar o resgardo porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para ese curso e pode que volo solicitemos se temos problemas para identificar o pago. Calquer pagamento posterior ao 31 de outubro ignorarase.
  • Domiciliación en conta. Tamén dase opción de que o pago se faga por cargo na conta do socio indicando no formulario de alta os datos da conta e cubrindo e asinando os datos da autorización para facer dito cargo. O cargo en conta faráse durante o mes de outubro para os que escolleran esa opción en cursos anteriores, e a finais de outubro para os que solicitan esa forma de pago por primeira vez. Si se escolleu esta opción en cursos anteriores e non se desexa que se produza o cargo en conta este curso, deberase avisar á ANPA antes do 15 de setembro.

Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.

Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición. Deberase remitir o formulario totalmente cuberto e asinado cada vez que se produza un cambio nos datos que contén.

FacebookTwitterRSS