Onte comenzaron as obras que dotarán de beirarúas á avenida de Lugo, dende o cruze con Xoan Carlos I ata a subida ao colexio.
Nestas obras o Concello investirá 75.969 € e supón un pasiño para facilitar o acceso peonil ao colexio dende a cidade. Esta é outra das obras comprometidas polo Concello coas direccións do Centro e da ANPA, despois da conexión do colexio coa rede de sumidoiros da cidade e a eliminación do arcaico pozo negro, que se levou a cabo no Nadal.