Main menu

Novas

Axudas para libros de texto curso 2014/15

Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

O contido da Orde é esencialmente o mesmo que a do ano pasado, excepto pola restricción de que o vale soamente poderá usarse con libros de texto. E dicir, queda fora das axudas todo o material curricular, didáctico ou complementario que non sexan libros de texto. 

Ler máis...

Cambio de Xunta Directiva na FANPA

O pasado sábado 8 de febreiro de 2014 tiveron lugar as eleccións á Xunta Directiva da FANPA, producíndose un cambio nesta. A nova xunta directiva está formada inicialmente por:

Presidente
Rogelio Carballo Solla da ANPA do CEIP Álvarez Limeses
Secretario
Javier Sánchez Sobral da ANPA do CEIP Vilaverde
Tesoureiro
José María Camiña Chávez da ANPA do CEIP Barcelos
Vocal (Vicepresidente)
Miguel Ángel Sánchez Guillén da ANPA do CEIP Campolongo
Ler máis...

Recollida de roupa e xoguetes polo Nadal

Un ano mais polo Nadal, os Reis Magos piden a nosa colaboración. A ANPA colabora coa Federación de ANPAs de Pontevedra (FANPA) e a Asociación de Xoves Empresarios (AJE) para a recollida de roupa e xoguetes para intentar que o maior número de nenos poidan gozar destas festas.

Ler máis...

Folga Xeral no Ensino 24 de outubro do 2013

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Ler máis...

Seguro de accidentes

Como sabedes, fai uns días envíamos unha circular, ofreciendo a posibilidade para os pais de contratar un seguro de accidentes para os nenos, que os cubriría en calquera actividade organizada polo centro ou pola ANPA.

Dado que o interese superou o número mínimo de nenos/as necesarios, durante a semana do 30 de setembro ao 4 de outubro deberá aboarse os 7€ por alumno/a.

Pódese facer o pago na conta do BBVA 0182-5151-20-0201538386 ou na oficina da ANPA o martes, xoves e venres de 16:00 a 18:00 (neste caso intentade traer o importe xusto).

O que non enviou o impreso, pode facelo todavía esta semana. Tedes o impreso ao final deste artículo. A continuación os resumo as características do seguro:

Ler máis...

FacebookTwitterRSS