CONVOCATORIA

Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o martes 3 de marzo de 2020, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente (comedor) coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. Ratificación novos membros da Xunta Directiva
  3. Memoria do curso 2018-2019
  4. Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2018-2019
  5. Actividades previstas para o curso 2019-2020
  6. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2019-2020.
  7. Incidencias de comezo de curso: obras, comedor,...
  8. Proposta para solicitar á FANPA para que en tódalas as actividades e servizos teñan preferencia ou vantaxe económica os socios
  9. Rolda de intervencións

Esperamos contar coa vosa asistencia.

Pontevedra 15 de febreiro de 2020