CONVOCATORIA
Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o xoves 21 de decembro de 2023, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria. nas instalacións do CEIP Vilaverde – Mourente (comedor) coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2022-2023
- Memoria do curso 2022-2023
- Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2023-2024
- Actividades previstas para o curso 2023-2024
- Modificación da cota social a partir do curso 2024-2025
- Proposta de modificación do RRI (Regulamento de réxime interno)
- Situación das denuncias, demandas e outros procedementos contra a ANPA, contra a súa Xunta Directiva e os seus membros.
- Expediente disciplinario a persoa socia. Ratificación da resolución da Xunta Directiva, se procede. Recurso contra a resolución, se procede.
- Rolda de intervencións
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea
Esperamos contar coa vosa asistencia.
Pontevedra, 27 de novembro de 2023