Debido ao crecente diagnóstico de trastornos de hiperactividade e déficit de atención na nosa comunidade, FANPA Pontevedra en colaboración co Concello consideraron necesaria a creación do Programa TDAH de apoio ás familias e ao entorno educativo, que inclúe intervención terapéutica cos nenos e nenas e formación ás familias. O Programa estase a desenvolver en Pontevedra dende Marzo de 2.010, grazas en gran medida a subvención do Concello a través do convenio que ten con FANPA Pontevedra.
Está dirixido a nenos e nenas desde 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria e aos seus pais, nais ou titores/as. A primeira selección realízase en colaboración cos departamentos de orientación dos centros educativos e posteriormente por medio dunha entrevista coa familia e unha sesión avaliativa con cada neno/a, en función dos resultados da mesma e da dispoñibilidade de prazas valorarase a incorporación ao Programa.
Tedes máis información e o formulario de solicitude na páxina web da FANPA