Main menu

Do 10 ao 16 de xuño está aberto o prazo para solicitar praza nas ludotecas de verán organizadas pola FANPA e o Concello de Pontevedra en diversos centros. Organízase en tres centros escolares urbáns, unha impartida en inglés e catro en centros do rural.

Os centros son:

  • Campolongo
  • Manuel Vidal Portela (Inglés)
  • Marcos da Portela (Monteporreiro)
  • Álvarez Limeses
  • Cabanas
  • Xeve 
  • Pontesampaio
  • Vilaverde

Para as catro primeiras ludotecas, o periodo é por quincenas e nas catro segundas por meses.

Para xustificar a pertenza á ANPA é suficiente co recibo de pago da cota anual.

Tedes máis información e os formularios na páxina da FANPA

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS