Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2019-20 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA (Suh Sport, FANPA, Budo, Rías do Sur). Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas no noso buzón no edificio de administración ata o venres 27 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información.
Información de actividades:
Descarga da información completa, o formulario de solicitude de actividades e a solicitude de domiciliación das actividades:
Actividades organizadas pola ANPA
Estado:
- Confirmada: todos os solicitantes admitidos e comenzará inmediatamente. Aínda pode apuntarse máis alumnado
- Pendente mínimo: todavía non se cubriu o número mínimo de solicitudes e non comenza de momento.
- Pechada: Xa non se admiten solicitudes para esta actividade
- Cancelada: moi poucas solicitudes e decidiuse non realizar a actividade
Actividade | Estado | Cursos | Día | Horario | Horas semanais | Prezo socios da ANPA |
---|---|---|---|---|---|---|
Futbito* | Pendente mínimo | 6ºEI – 6º prim. | Luns e xoves | 16:30 – 17:30 | 2 | 20€ / trimestre (60€ ano) |
Natación Campolongo* | Pechada | 5º EI en adelante | martes, xoves ou venres | 16:30 – 17:15 |
0,75 | 30€ / cuadrimestre (60€ ano) |
Bádminton* | Pendente mínimo | Primaria | Martes | 16:00 – 17:00 | 1 | 8€ / mes 24€ / trimestre 70€ / ano |
Ballet | Confirmada | Infantil - Primaria | Luns | 16:30 – 17:30 | 1 | 12€ / mes |
Debuxo e pintura | Confirmada | Primaria | Mércores ou Venres | 16:00 – 18:00 | 2 | 15€ / mes |
Robótica | Confirmada | primaria | Xoves | 16:00 – 17:30 | 1,5 | 25€ / mes |
Cocina Cook&Play |
Pendente mínimo | Infantil | Consultar horarios e dispoñibilidade coa profesora no 649 24 13 87 | 1 | 25€/mes (inclúe material e ingredientes) |
|
1º - 3º primaria | 1 | |||||
4º - 6º primaria | 1 | |||||
Lingua de signos | Pendente mínimo | 5º e 6º infantil | Interesados contactar coa ANPA para darvos o contacto da profesora para consultar horarios e dispoñibilidade | 1 | 15€ / mes alumnado (5€ /mes máis se asiste un adulto co alumno ou alumna) |
|
1º - 3º primaria | 1 | |||||
4º - 6º primaria | 1 | |||||
Aerodance* | Confirmada | Preguntar no ximnasio Suh Sport (986 10 82 45, Rúa Mestre Soutullo 8) + Información | ||||
Taekwondo* | Confirmada | Preguntar no ximnasio Suh Sport (986 10 82 45, Rúa Mestre Soutullo 8) + Información |
* Actividades subvencionadas polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”
O PREZO PARA OS NON SOCIOS PARA CADA ACTIVIDADE TERÁ UN INCREMENTO DE 4€ POR MES.
Actividades organizadas por outras entidades
Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte:
- Ximnasio Suh Sport (Tlf 986108245; web: http://suhsport.com/):
- Taekwondo e aerodance: Temos un acordo que fai prezos especias os membros do colexio.
- Piscina Rías do Sur:
- Unha sesión á semana os mércores ás 16:30. Ten un prezo de 33.90€ / trimestre. Pasar pola piscina para apuntarse.
- Ximnasio Budo:
- Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Os días son os martes (17:00), mércores (16:45), ou xoves (17:00).
Tamén ofertan clases de Buceo e introdución ao salvamento para nenos que saiban nadar os martes (16:15) e/ou xoves (17:00)
Máis información e inscricións no ximnasio. Prezos por trimestre:- Infantil: 1 día/semana 48€. 2 días/semana 78€
- Primaria: 1 día/semana 39€, 2 días/semana 63€
- Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Os días son os martes (17:00), mércores (16:45), ou xoves (17:00).
- FANPA. Tedes a información de cada actividade na páxina http://www.nontedurmas.org :
- Playing English: organizado pola FANPA. Na web da FANPA (www.nontedurmas.org) ou no tríptico que vos enviarán teredes máis información. No caso do Vilaverde, as clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College
- Programa PAE: organizado pola FANPA. Apoio específico a nenos e nenas con NEE.
- Actividade de ábaco para primaria e secundaria.
- Preparación dos exames da U. de Cambrigde (secundaria)