Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2022-23 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Información de actividades
Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas pola empresa organizadora ata o 20 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información.
A continuación tedes o documento con toda a información sobre as actividades extraescolares
Para as actividades de baloncesto e multideporte a xestión da inscrición faina a ANPA directamente a través do formulario correspondente á Escola Deportiva Municipal de Mourente
Para o resto de actividades tedes que enviar o formulario correspondente á empresa EDUCAOCIO ao email
Actividades organizadas pola ANPA
Estado:
- Confirmada: todos os solicitantes admitidos e comenzará inmediatamente. Aínda pode apuntarse máis alumnado
- Pendente mínimo: todavía non se cubriu o número mínimo de solicitudes e non comenza de momento.
- Pechada: Xa non se admiten solicitudes para esta actividade
- Cancelada: moi poucas solicitudes e decidiuse non realizar a actividade
Custe de matrícula nas actividades extraescolares:
- 0€ para familias socias da A.N.P.A. para o curso 2022/2023
- 25€ para familias non socias da A.N.P.A. para o curso 2022/2023
Actividades extraescolares propostas:
Actividade | Estado | Cursos | Día | Horario | Horas semanais | Prezo socios da ANPA |
---|---|---|---|---|---|---|
Ballet | Pendente mínimo | Ed. infantil e primaria | Luns | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Baloncesto* | Pendente mínimo | Primaria | Mártes e / ou Xoves |
17:15 – 18:15 (mártes) e / ou 16:15 – 17:15 (xoves) |
1 ou 2 | 7€ / mes (1 hora/sem) 10€ / mes (2 horas/sem) |
Música en movemento | Pendente mínimo | Ed. infantil | Mércores | 16:00 – 17:00 | 1 | 16€ / mes |
Patinaxe | Pendente mínimo | Primaria | Mércores | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Informática | Pendente mínimo | Primaria | Xoves | 16:00 – 17:00 | 1 | 14€ / mes |
Multideporte* | Pendente mínimo | Ed. infantil | Venres | 16:00 – 17:00 |
1 | 10€ / mes |
Pintura (inclúe material) | Pendente mínimo | Primaria | Venres | 16:00 – 17:30 | 1,5 | 21€ / mes |
Natación campolongo* | Consultar información aquí | 0,75 | 30€ / cuatrimestre |
* Actividades para as que se pediu subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”
Actividades organizadas por outras entidades
Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte
- Ximnasio Budo:
- Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Deberedes contactar con eles para máis información e inscrición. Prezos para socios da ANPA:
- 1 día/semana 25€/mes
- 2 días/semana 46€/mes
- Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Deberedes contactar con eles para máis información e inscrición. Prezos para socios da ANPA:
- FANPA. Tedes a información de cada actividade na páxina http://www.nontedurmas.org :
- Playing English: organizado pola FANPA. No caso do Vilaverde, as clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College: Info na páxina da FANPA
- Eureka, PAE e Ábaco. Consultar coa FANPA. Adxuntamos información do ano pasado (+ Info):
- Programa PAE: Apoio específico a nenos e nenas con NEE.
- Actividade de ábaco para primaria e secundaria.
- Programa EUREKA: parte da atención ás Intelixencias Múltiples, ten coma finalidade atender ás necesidades educativas e psicosociais do alumnado con altas capacidades