Main menu

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 10 de maio, a partir das 10 da mañá o XX CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición estará aberta ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos superar os 500 escolares inscritos.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías prebenxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º). A todos os nenos se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios.

Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias.

Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 986858187 (centro).

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde.

Para o seguimento das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra.

As distancias a percorrer serán as seguintes:

Categoría GruposDistancia
Nenos e nenas de educación infantil 3, 4 e 5 anos Diferenciados por idades 150 m
Pre Benxamín 1º e 2º Primaria Nenos
Nenas
250 m
250 m
Benxamín 3º e 4º Primaria Nenos
Nenas
700 m
700 m
Alevín 5º e 6º Primaria Nenos
Nenas
1500 m
1200 m
Infantil 1º e 2º da ESO Nenos
Nenas
700 m
700 m
Pais e nais   Pais e avós
Nais e avoas
250 m
250 m

O horario aproximado e orde das carreiras será o seguinte:

Categoría DistanciaHora
Pre Benxamín Nenos 1º, 2º Primaria 250 m >10:30
Pre Benxamín Nenas 1º, 2º Primaria 250 m 10:40
Ed. Infantil 3 anos   150 m 10:50
Ed. Infantil 4 anos   150 m 11:00
Ed. Infantil 5 anos   150 m 11:10
Benxamín Nenos 3º, 4º Primaria 700 m 11:20
Benxamín Nenas 3º, 4º Primaria 700 m 11:30
Alevín Nenos 5º, 6º Primaria 1500 m 11:45
Alevín Nenas 5º, 6º Primaria 1200 m 12:00
Infantil Nenos 1º e 2º da ESO 700 m 12:10
Infantil Nenas 1º e 2º da ESO 700 m 12:20
Pais e avós   250 m 12:30
Nais e avoas   250 m 12:35

2013-2014 Cross - Mapa salidas

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS