Como sabedes, durante as actividades extraescolares, igual que durante as horas lectivas, os nenos non dispoñen de seguro de accidentes, xa que o único que obriga a lei, é a dispoñer de un seguro de responsabilidade civil que cubre as posibles neglixencias. Os nenos están cubertos, no que atañe á asistencia médica pola asistencia sanitaria que ten para calquera tipo de enfermidade (mutua, seguridade social, etc).
Ofrecemos a posibilidade de contratar un seguro de accidentes, por un importe de 7€ anuales por neno/a, que cubre algúns aspectos que poden ser interesantes para algúns de vos. Para poder contratar este seguro, é imprencindible ser socio da ANPA ou estar apuntado nalgunha das actividades extraescolares organizadas pola ANPA.
Para os asistentes ás actividades de futbito, predeporte, multideporte e esgrima, é altamente recomendable a contratación do seguro. Aos que permanezan nesas actividades ata o final do curso, descontaráselle o importe (7€) no último pago (último trimestre ou mes da actividade)
Pódese facer o pago na conta do BBVA ES34-0182-5151-20-0201538386 ou na oficina da ANPA polas tardes (neste caso intentade traer o importe xusto).
Para solicitalo, deberedes entregar o formulario adxunto no buzón da ANPA antes do 10 de outubro xunto o xustificante de pago (se é na conta bancaria). Tedes o impreso ao final deste artículo.
A continuación os resumo as características do seguro:
Están cubertos todos os accidentes que teñen que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extracurriculares. Quedan excluídos só os accidentes da vida privada das/os alumnas/os.
A prima anual para as/os alumnas/os é de 7 €. A compañía aseguradora sería ALLIANZ.
Detalle da cobertura:
- Asistencia sanitaria en centros concertados ILIMITADA
- Morte por accidente 6.000€
- Invalidez permanente parcial por accidente 6.000€
- Morte por infarto de miocardio 6.000€
- Gastos de enterro 1.500€
- Gastos para a repatriación da morte no estranxeiro 3.000€
- Gastos para a odontoloxía por accidente 1.200€
- Rotura de lentes por accidente, con franquía de 75€ 150€
- Asistencia en viaxe INCLUÍDA