Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.
O contido da Orde é esencialmente o mesmo que a do ano pasado, excepto pola restricción de que o vale soamente poderá usarse con libros de texto. E dicir, queda fora das axudas todo o material curricular, didáctico ou complementario que non sexan libros de texto.
Por tanto para o curso 2014/15 non se poderá usar o vale para lápices, libretas, diccionarios, pinturas, etc. Soamente para libros de texto. Dende a ANPA consideramos que isto é unha concesión as editoriais para compensalas pola eliminación en Galicia da obrigatoriedade de sustituir os libros de texto en determinados cursos que marca a LOMCE. Esto ataca a proliferación dos bancos de libros que estase a dar últimamente: centros, ANPAs, concellos, ONGs.
Por outra banda a Orde impón a obriga aos beneficiaros, de entregalos libros ao remate do curso para crear un banco de libros no centro, pero para o ano, según a LOMCE, habería que cambiar todos os libros de texto de primaria.
Coma outros anos, dende o centro xestionarán as solicitudes das axudas.
- Prazo de solicitude: do 2 de xuño a 2 de xullo (primaria).
- Importe da axuda para familias monoparentais: 170€ (renda per cápita menor que 6000€) ou 90€ (renda per cápita entre 6000€ e 9000€)
- Importe da axuda para o resto das familias: 170€ (renda per cápita menor que 5400€) ou 90€ (renda per cápita entre 5400€ e 9000€)